A Santiagu’en romaria ven

A Santiagu’ en romaria ven 
el-rei, madr’, e praz-me de coraçon 
por duas cousas, se Deus me perdon, 
en que tenho que me faz Deus gran ben: 
ca veerei el-rei, que nunca vi, 
e meu amigo que ven con el i.

Orientacións para a lectura

Cantiga de romaría. A doncela manifesta á nai o seu entusiasmo pola próxima vinda do rei a Santiago, en romaría. Ela está feliz por dous motivos, que ten como grandes bens que Deus lle concede: verá o rei, que nunca viu; e o seu amigo, que vén co monarca.

Posibelmente incompleta, esta composición utiliza o modelo da “cantiga de romaría” para celebrar a visita do rei D. Sancho IV a Santiago en 1286, nunha viaxe cuxos motivos políticos se unían á piadosa intención de cumprir unha promesa feita ao Apóstolo durante a campaña contra os musulmáns do ano anterior.

Esta cantiga ten obvios elementos de contacto coa de Pai Gómez Charinho, sendo probábel que ambas teñan sido compostas na mesma ocasión, na corte de Sancho IV.

Manuscritos