Direi-vos ora que oi dizer

Direi-vos ora que oi dizer
de Maria Leve, assi aja ben,
pola manceba, que se desaven
dela; e, pois lh’ ali non quer viver,
e na Moeda Velha vai morar
Dona Maria Leve, a seu pesar;

Ca atal dona com’ ela guarir
non pod’ ali, se manceba non á;
e vedes que oi, amigos, já:
que, pois que se lh’ a manceba quer ir,
e na Moeda Velha vai morar
Dona Maria Leve, a seu pesar;

Ca diz que morará ali mal e alhur,
poi-la manceba sigo non ouver,
e contra San Martinho morar quer;
pola manceba que xi lh’ ora vai,
e na Moeda Velha vai morar
Dona Maria Leve, a seu pesar;

Ca non pod’a manceba escusar,
se na Moeda Velha non morar.

Orientacións para a lectura

O poeta manifesta a súa admiración perante o que ouviu falar da soldadeira María Leve, que así lle vaia bem: a súa manceba con ela se desentendeu e con ela non quere vivir, polo que irá morar, aínda que contra a súa vontade, para a rúa da Moeda Vella, perto de San Martiño Pinario. Pois unha dona como ela non pode ficar sen manceba, vede, amigos, o que ouvi falar: xa que esta vai abandonala, María Leve irá residir, a seu pesar, na rúa da Moeda Vella. Se non tiver consigo a manceba, en todos os lados estará mal, e por isso se ve obrigada a ir para a rúa da Moeda Vella, único lugar onde poderá escusar a súa presença.

Sátira dirixida contra a soldadeira María Leve. A cantiga xoga co equívoco da propia alcuña Leve, co significado de muller leviana, aludindo ao exercício da prostitución que ela practicaba e que sería coñecido polo público que ouvise esta composición, contextualizada en Santiago de Compostela a través das referencias á Moeda Vella e ao mosteiro anexo de San Martiño Pinario. O nome da rúa, que ainda se conserva hoje na cidade, remete para unha fábrica de cuño de moeda na Idade Media e constitúe un caso excepcional de alusión explícita non só no corpus das nosas cantigas satíricas, mais en toda a lírica galego-portuguesa e, posibelmente, nas outras producións trovadorescas medievais. Teña-se en conta que a fachada norte da catedral, que se sitúa na Praza do Paraíso (hoxe Praza da Imaculada) e está anexa á rua da Moeda Vella, é precisamente o ponto final do itinerario dos peregrinos a Santiago de Compostela. Tratábase dun lugar neurálxico polo cosmopolitismo e afluencia de xentes, negocios de compra-venda de obxectos e todo tipo de operacións mercantís para quen tiña algo que oferecer ao público, como é o caso de María Leve.

Por outro lado, a énfase na dependencia que a protagonista da cantiga ten con respeito a essa manceba talvez queira apontar para alén do ámbito profisional, deixando entrever unha atración ou relación lésbica. De feito, unha breve (ou incompleta) composición de Joán Vásquez de Talaveira rexistra o termo leve xa no primeiro verso e alude ao “amor” existente entre María e Sancha Pérez, o que torna fracasadas as pretensións do trovador. E, aínda, resulta fácil a asociación semántica entre a expresion “moeda velha” e a identificación da persoa satirizada como unha soldadeira de idade xa avanzada.

Manuscritos