En outro dia, en San Salvador
En outro dia, en San Salvador,
vi meu amigo, que mi gran ben quer,
e nunca máis coitada foi molher
do que eu fui, segundo meu sén,
cuidand’, amiga, qual era melhor:
de o matar ou de lhi fazer ben.
El é por mi tan coitado d’amor
que morrerá, se meu ben non ouver,
e vi-o eu ali e, como quer
que vos diga, ôuvi a morrer por én,
cuidand’, amiga, qual era melhor:
de o matar ou de lhi fazer ben.
Meu é o poder, que sõo senhor
de fazer d’el o que m’a mi prouguer,
mais foi i tan coitado que mester
non m’én fora, pois que o vi, per ren,
cuidand’, amiga, qual era melhor:
de o matar ou de lhi fazer ben.
Orientacións para a lectura
A doncela declara á amiga ter visto, no outro día, en San Salvador, o seu amigo que tanto a ama. Ficou por iso moi perturbada, pensando se sería mellor matalo ou corresponder ao seu amor. Di entón á amiga: “O meu amigo padece tanto polo meu amor, que morrerá, se non o tiver; e vino alí e case morrín por iso, pensando se sería mellor matalo ou darlle o meu amor. Eu teño o poder, pois son señora, de facer del o que me praza; mais el padecia tanto alí, máis do que me era mester, despois que o vin, pensando, amiga, cal era mellor: de o matar ou de lle dar o meu amor”.
Por causa da mención ao santuario de San Salvador, ten sido considerada unha cantiga de romaría. O tema, no entanto, é verdadeiramente amoroso: o poeta explora as expectativas criadas polos tópicos da “coita” e da “morte de amor”, recorrentes na cantiga de amor e empregados para definir o amor masculino.
Na terceira estrofa, a doncela asume explicitamente a posición da “señora” das cantigas de amor, isto é, aquela que ten o poder de matar o home ou de lle dar a vida. Desa forma, a composición adquire un ton híbrido e leve, até mesmo gracioso, como se o refrán, pola disparidade das dúas solucións extremas propostas, visase a provocar o sorriso dos que ouven.