Por fazer romaria, pug´en meu coraçon

Por fazer romaria, pug’ en meu coraçon,
a Santiag’, un dia, por fazer oraçon
e por veer meu amigo log’ i.

E se fezer tempo, e mia madre non for,
querrei andar mui leda, e parecer melhor,
e por veer meu amigo log’ i.

Quer’ eu ora mui cedo provar se poderei
ir queimar mias candeas, con gran coita que ei,
e por veer meu amigo log’ i.

Orientacións para a lectura

Cantiga de amigo en que a rapariga declara ter decidido un día, no seu corazón, ir en romaría a Santiago, para facer oración e ver alí o seu amigo, intención que se subliña no verso repetido como refrán. Se o tempo llo permitir e a súa nai non for, quererá andar moi feliz e parecer aínda máis bonita, exclamando: “- Xa quero agora mesmo saber se poderei ir queimar as miñas candeas, coa grande pena de amor que teño, e aí ver o meu amigo”.

Esta cantiga de romaría é probabelmente a máis antiga deste tipo e a única que cita como destino, de forma explícita, o santuario de Santiago de Compostela. Ademais, o Apóstolo é o único santo cuxo nome reaparece nas cantigas de tres autores; para alén de Airas Carpancho, a el aluden Airas Núnez e Pai Gómez Charinho.

Manuscritos