EQUIPO RESPONSÁBEL
Equipo científico
Yara Frateschi Vieira (UNICAMP, Universidade Estadual de Campinas, São Paulo)
Maria Isabel Morán Cabanas (Universidade de Santiago de Compostela)
José António Souto Cabo (Universidade de Santiago de Compostela)
Organización, coordinación e xestión
Janaína Marques Ferreira Rocha (Universidade de Santiago de Compostela)
Equipo técnico
Ricardo Di Pace (deseño gráfico, vídeos e tratamento dixital)
María Meijide (mapa artístico)
SUBSIDIO E APOIO INSTITUCIONAL
GRUPO DE INVESTIGACIÓN
Todos os investigadores do equipo responsábel vínculanse ao Grupo GRAALL (GI–1353) da Universidade de Santiago de Compostela.
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS: ROTEIROS PRESENCIAIS
Diversas actividades de carácter presencial, complementarias ao traballo de investigación e publicación, veñen sendo realizadas hai algúns anos polos membros do equipo científico na cidade de Santiago de Compostela e áreas xeográficas limítrofes. Un exemplo da posibilidade de aproveitamento didáctico deste material pódese observar no vídeo que documenta a experiencia do roteiro presencial organizado no mes de xuño de 2018 polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), dependente da Consellaría de Educación, dirixido especialmente ao persoal docente da Galiza.
ORGANIZACIÓN E CRITERIOS
As cantigas seleccionadas foron transcritas de maneira rigorosa, tendo en conta os testemuños manuscritos dispoñíbeis e as edicións críticas existentes. Dada a natureza predominantemente divulgativa deste site, non se inclúe aparato crítico nin se indican as eventuais alteracións editoriais. A grafía utilizada na transcrición é a suxerida nas Normas de edición para a poesia trovadoresca galego-portuguesa medieval
Bibliografía
Os interesados poderán encontrar as fontes bibliográficas utilizadas para a elaboración do roteiro nas seguintes obras impresas:
Yara Frateschi Vieira, Maria Isabel Morán Cabanas, José António Souto Cabo, O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa. Noia: Editorial Toxosoutos, 2011.
Yara Frateschi Vieira, Maria Isabel Morán Cabanas, José António Souto Cabo, O Caminho Poético de Santiago. Lírica Galego-Portuguesa. São Paulo: Cosac Naify, 2015.
Bancos de datos, glosarios e dicionarios
Suxerimos aínda a consulta dos seguintes bancos de datos, glosarios e dicionarios dispoñíbeis online:
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB).
Dicionario de Dicionarios do Galego Medieval.
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña (aí se encontra tamén o Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa).
Lopes, Graça Videira; Ferreira, Manuel Pedro et al. (2011-), Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de dados online]. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA.
Imaxes dos testemuños manuscritos
As imaxes dos testemuños manuscritos das cantigas reprodúcense a partir de: Cancioneiro da Vaticana: Biblioteca Apostólica Vaticana.
Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Biblioteca Nacional de Portugal.
Versión musical
En fase posterior será incluído acceso ás versións musicais das cantigas.
Información sobre espazos
En fase posterior serán introducidas informacións sobre lugares de interese histórico e artístico, con atención especial para os elementos menos divulgados até agora entre o público en xeral.