Diss’a fremosa en Bonaval assi:
Diss’ a fremosa en Bonaval assi:
“Ai Deus, u é meu amigo d’ aqui
de Bonaval?
Cuid’ eu, coitad’ é no seu coraçon,
porque non foi migo na sagraçon
de Bonaval.
Pois eu migo seu mandado non ei,
ja m’ eu leda partir non poderei
de Bonaval.
Pois m’ aqui seu mandado non chegou,
muito vin eu máis leda ca me vou
de Bonaval.”
Orientacións para a lectura
A fermosa amiga está en Bonaval e di así: “Ai Deus, onde está o meu amigo de aquí, de Bonaval? Xulgo que sofre, pois non estivo comigo na consagración de Bonaval. Pois non recibín del ningún recado, xa non me poderei partir feliz de Bonaval. Pois o seu recado non me chegou aquí, vin eu moito máis contenta do que me vou de Bonaval”.
Cantiga de amigo, de estrutura tradicional, con paralelismo parcial e refrán. O verso inicial introduce unha personaxe anónima, talvez a propia voz do poeta, cuxa función se resume en relatar o lamento da amiga, que tería ido a Bonaval, por ocasión das festas de consagración da igrexa, coa intención de encontrar o amigo. A primeira estrofa permite entender que o amigo é de Bonaval ou está en Bonaval: “u é meu amigo d’ aqui / de Bonaval?”.